Foi un dos temas abordados nunha reunión de traballo que mantivo o presidente provincial coa directiva deste órgano, coa súa decana Marta Gómez Álvarez á fronte, onde tamén se analizaron as consecuencias para a provincia da entrada en vigor da Nova Lei de Tribunal de Instancia
Ourense, 13 de novembro de 2025.
O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo coa directiva do Colexio de Avogacía de Ourense, coa decana Marta Gómez Álvarez á fronte, onde abordaron diferentes temas de interese para a provincia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
En primeiro lugar, púxose sobre a mesa a posibilidade, como novidade ante a situación que vivida este verán por da vaga de lumes forestais que supuxo unha emerxencia moi importante, a posibilidade de que, ante situacións como esta, ante calquera tipo de emerxencia, se estableza un dispositivo de asistencia xurídica ás vítimas e ás persoas afectadas para que, de xeito áxil e inmediato, poidan recibir o asesoramento que precisen. “Desde a Deputación, amosamos a total colaboración coas administracións competentes para que este servicio poida ser unha realidade e que poidamos estar mellor preparados fronte ás situacións como as ocorridas na vaga de incendios do pasado verán”, explica Luis Menor.
En segundo lugar, un tema moi importante que tamén preocupa na Deputación é a entrada en vigor da nova Lei de Tribunal de Instancia que afecta, entre outras moitas cousas, a violencia de xénero e aos xulgados que tramitan estas causas. Sinaladamente, esta xurisdición pasa a ser, en boa medida, unha xurisdición centralizada na capital de provincia, co cal produce un alonxamento do lugar onde debería ser reparado e tramitado o procedemento, centralizándose na capitalidade e ofrecendo xa solucións que non resultan as idóneas para as partes nen para as testemuñas. “Polo tanto, o que se pide é a restauración da situación anterior, e no seu caso, outras medidas que, evidentemente, sexan menos prexudiciais sobre todo para as vítimas e para todos aqueles afectados na causa”.
Por último, tamén se expuxeron as disfuncións que, sobre todo no eido económico, se producen respecto do turno de oficio “que recollemos, escoitamos, e trasladamos en solidariedade, confiando en que tamén teñan acollida por parte das administracións competentes”, conclúe o presidente provincial.

















