O Concello do Carballiño vén de rematar as obras de mellora e acondicionamiento de dúas pistas de tenis exteriores do pavillón de deportes municipal. A actuación contou cun orzamento de preto de 20.000 euros subvencionados a través do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación de Ourense (CooperOU). O concelleiro de Deportes, José Castro, pon en valor a intervención, que redundará “nun maior confort e comodidade para as moitas persoas que veñen aquí xogar ao tenis”.
As melloras consistiron na renovación da superficie dunha das pistas cun novo aglomerado, máis cómodo e resistente, o pintado das liñas do campo e a colocación dunha nova rede, xa que a antigua atopábase en mal estado debido ao uso e ás inclemencias meteorolóxicas. A intervención tamén incluíu a instalación de nova iluminación na pista remodelada e na colindante para favorecer o uso do espazo deportivo nas horas de menos luz.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Pola súa parte, as obras de remodelación e ampliación do pavillón municipal están na súa última fase. A actuación, que supera os 100.000 euros de orzamento a través dos fondos CooperOU, inclúe a renovación dos baños e do sistema de fontanería, a nova cuberta, a limpeza e pintado do interior das instalacións e o arranxo da pista central.
















