AS E OS SOCIALISTAS RECLAMAN QUE O GOBERNO DE JÁCOME NON FAGA NEGOCIO CO TERMALISMO e que a piscina das burgas sexan asequibles para os e as ourensás e se xestionen con transparencia
As socialistas veñen de presentar una batería de emendas á ordenanza na que reclaman bonificacións para empadroados, estudantes e familias numerosas, un día para a veciñanza e prioridade nos usos terapéuticos
Natalia González defendeu a “xestión directa da piscina como un recurso público e potencial da cidade que debe ser prioritario para os veciños e veciñas de Ourense e explotado como un negocio particular”
Ourense, 26 de xaneiro de 2026. As e os socialistas do Concello de Ourense defenden que se lle devolva o “carácter social ao termalismo ourensán” fronte á ausencia de proxecto ou desenvolvemento termal por parte do goberno de DO para Ourense. “Dende o Partido Socialista o que esiximos que non fagan negocio co noso termalismo, un dos activos máis importantes dos que dispomos e que estamos a deixar morrer por unha absoluta falta de interese do alcalde e o seu equipo de goberno”, tal e como explicou esta mañá a voceira socialista Natalia González.
As socialistas presentaron unha batería de emendas á ordenanza para a xestión do cobro da Piscina de As Burgas proposta polo executivo municipal nas que defenden que o modelo de xestión debe ser “directa e as súas decisións e modificacións aprobadas polo Pleno Muunicipal” e non un “recurso co que Gonzalo Pérez Jácome poda facer negocio ao seu gusto con presos elevados e o afán recaudatorio que plantexa esta ordenanza”. Ademais as socialistas consideran que as sancións presentadas polo Goberno son “abusivas para os cidadáns”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Natalia González defende tamén uns “prezos xustos e o carácter social e saudable” que debe ter o termalismo onde que as persoas empadroadas no Concello se vexan beneficiadas fronte ao “modelo turístico e privado do termalismo actual”. Neste mesmo censo, requiren que se teñan en conta bonificacións para as familias numerosas con “abonos accesibles e familiares”.
Por outra banda, a concelleira socialista Alba Iglesias, defendeu medidas para a xente moza cunha bonificación de 50% no custe de entrada, como se da no resto de servizos públicos e que a ordenanza plantexada non o contempla. Ademáis, as socialistas propoñen que haxa “un día da veciñanza á semana na que as ourensás e os ourensáns poidan entrar de xeito gratuito” e se de unha “prioridade de entrada cun horarios especial para as e os usuarios que fagan un uso terapéutico das termas”

















