Espazo Común pide transparencia nas contas da Fundación Irmáns Prieto e que o Asilo non se convirta nun negocio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Espazo Común do Carballiño vén de presentar unha moción para o seu tratamento no Pleno que reunirá á Corporación o vindeiro luns na que solicita que se faga público o balance económico e a situación patrimonial actual da Fundación Irmáns Prieto. Ademais, piden que se recupere “o espírito orixinal” da iniciativa benéfica dos fundadores do Asilo de Ancianos para que éste “non se convirta nun negocio”.

Esta formación política considera que “o Asilo dos Irmáns Prieto segue importando. Por moito que o goberno PPSOE queira pechar en falso este capítulo e que se deixe de falar del, a veciñanza do Carballiño négase a darlle as costas a unha das institucións máis emblemáticas da nosa historia”. Engaden que “o que, durante décadas, foi o referente da xenerosidade e a solidariedade iniciada pola familia que lle dá nome á Fundación e continuado por infinidade de veciños e veciñas que alí prestaron o seu servizo coma voluntarios, está hoxe tristemente convertido nun negocio  para o lucro duns poucos coa connivencia imprescindible do goberno municipal”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Espazo Común entenden que “o orixinal obxectivo primordial marcado polos seus benefactores, o coidado das persoas maiores sen recursos da nosa comarca, foi vilmente pervertido por intereses escuros”. Neste sentido, apuntan que “o comezo do fin foi a ‘expulsión’ da congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, despois de máis dun século á fronte do Asilo e, a continuación, foi a ocultación sistemática das contas e da xestión do inxente patrimonio co que conta a Fundación e que debería destinarse ao funcionamento do Asilo. Falamos de varios edificios na zona centro de Madrid que sempre xeraron dividendos importantes e dos que, hoxe, nada se sabe”.

E lembran que, por vontade dos Irmáns Prieto, o órgano de xestión da Fundación é un Padroado composto por tres membros, sendo un deles o alcalde do Carballiño “polo que seguimos considerando do máis  razoable canalizar esta demanda cidadá a través desta moción”. Unha proposta que Espazo Común xa presentou anteriormente nos anos 2023, 2025 e 2022 (neste caso, tamén con mocións idénticas de BNG e PP) e que, agora, “o actual alcalde accidental ten máis doado ca nunca resolver esta situación atendendo ás súas afirmacións no derradeiro pleno de principios de febreiro de que “eses datos están a disposición de calquera”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------