As instalacións do campo de Outeiro Grande, en Maside, acollerán do 22 ao 26 de xuño unha nova edición do ‘Depor Campus’ que organizan as Escolas Deportivas Terras de Maside. O prazo de inscrición para todas aquelas familias interesadas rematará o 16 de xuño ás 14,00 horas, e a tarifa xeral é de 145 euros, se ben se reduce a 125 euros para os xogadores das escolas e o alumnado do colexio público de Maside.
Cun horario de 10,00 a 14,00 horas, o campus está aberto á participación de nenas e nenos de 6 a 14 anos de idade cunha serie de obxectivos que a organización tentará conquerir ao remate da actividade. Entre eles, destacan a aprendizaxe e desenvolvemento de da coordinación a través de xogos e as habilidades e conceptos vencellados co corpo e o balón.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Asemade, traballaranse os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica e a competición e desfrute ao través de partidos en diferentes espazos, sempre transmitindo os valores que representa o Real Club Deportivo da Coruña: respeto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade.
A estancia no campus inclúe un seguro de accidentes deportivos; unha equipación composta de camiseta, pantalón e medias; un almorzo, a entrega dun diploma e sorteo de agasallos entre os participantes.

















