A Concellería de Cultura, en colaboración con Sustinea, Orcellón e Galpi, pón en marcha o proxecto de murais urbanos para embelecer as rúas do Carballiño. Estes días, o alumnado do IES Chamoso Lamas e os usuarios e usuarias de Aspadisi colaboran na primeira acción, o pintado dun gran mural na rúa Conde Vallellano. “Gústanos moito ver como os estudantes e a comunidade de Aspadisi pintan, divírtense e axudan a encher de cor as nosas rúas”, resalta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.

A artista Nato Brandariz, licenciada en Belas Artes e parte da estructura de intervención e dinamización local de Sustinea dende 2025, é a encargada de liderar a creación do mural. O deseño, no que tamén colaboraron os centros educativos e Aspadisi, baséanse na igualdade, a cultura do Carballiño e a integración.
“Foron os estudantes e os usuarios e usuarias de Aspadisi os que propuxeron as ideas dos murais e con eles ideamos o resultado final”, detalla Paulo Vázquez, de Sustinea. “Está sendo unha experiencia moi chula, compartimos desde o inicio todo o proceso e agora estamos plasmando as ideas nas paredes”, explica Brandariz.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O proxecto continuará nas próximas semanas no barrio de Flores. O obxectivo da Concellería de Cultura é converter o barrio nun museo a ceo aberto no que colaboren os distintos colectivos educativos e culturais do Carballiño.

















