O alumnado do IES Chamoso Lamas presenta este xoves no Auditorio a súa curtametraxe “Ónde andarás”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un equipo de estudantes do IES Chamoso Lamas do Carballiño vén de rematar a producción da súa última curtametraxe, “Ónde andarás”, que estrearán o vindeiro xoves, día 18 de xuño, no Auditorio Manuel María, ás 20,45 horas, e con entrada totalmente libre e gratuíta.

Trátase dunha curtametraxe, cunha duración de 17 minutos, feita polo alumnado da materia de Proxecto Competencial Cine de 4º de ESO,  integrado por 18 persoas coordinadas polo Equipo de Audiovisuais do centro. Ao longo do curso estiveron a aprender as diferentes funcións que se levan a cabo na realización dunha película: guión, dirección, edición e montaxe, son ou cámara, entre outras, e esta obra é o resultado final dun longo proceso, no que todos foron desenvolvendo as diferentes tarefas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Neste caso é un filme de ficción, no que contaron coa colaboración de actores do grupo Dar Trela e a presencia especial de Laureano Corral. Na proxección deste xoves estarán presentes os integrantes do proxecto, tanto estudantes como actores e actrices para contar a súa experiencia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------