Un equipo liderado por Iván Cuquejo conta cun grupo de persoas que representan a tódalas parroquias e a tódalas sensibilidades do municipio integra o xérmolo de ‘Espazo Común Punxín’, que foi dado a coñecer nunha primeira xuntanza co presidente do partido, Pachi Vázquez, para por en marcha un proxecto que ilusione á veciñanza.
“Con moitas gañas de traballar polo noso pobo e pola nosa veciñanza. Punxín ten un enorme potencial e merece algo máis que as promesas baleiras dos políticos de sempre, os que xa tiveron a súa oportunidade, non fixeron nada e regresan unha e outra vez para seguir ofrecendo o mesmo. Nós vimos con ilusión, compromiso e gañas de facer que Punxín medre de verdade”, con estas palabras comezaba Iván Cuquejo a súa intervención na xuntanza que tivo lugar onte venres.
Iván é o rostro visible dun grupo de persoas con orixe en todas e cada unha das parroquias que conforman o concello de Punxín que se unen para tentar ofrecer unha alternativa política e social que supoña un salto cara adiante para os veciños.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Asistiu tamén Pachi Vázquez, presidente de Espazo Común, quén animou aos presentes a que traballen duro para que os veciños poidan ter claro que son a mellor alternativa para sacar do puzo a un concello cunha ubicación estratéxica e moitos recursos que os actuais gobernantes non están sendo quen de aproveitar.
O primeiro paso para a Xuntanza Local de Punxín, unha vez constituída, será visitar, porta a porta, cada un dos fogares do pobo para falar pero sobre todo para escoitar as demandas da xente.
Xa se están a poñer en marcha tamén novas canles de comunicación a través das redes sociais, onde se comprometen a manter unha participación activa e directa coa veciñanza, escoitando propostas, atendendo inquedanzas e dando resposta ás necesidades do día a día.


















