Presentación do libro «Catálogo do cantar de cego galego. Volume 1: Voandeiras» de Baldomero Iglesias “Mero”
O vindeiro xoves, 6 de agosto ás 20:00 h, o espazo OZOC0gz deseño galego (Rúa Curros Enríquez, 29 – O Carballiño) acollerá a presentación do primeiro volume do Catálogo do cantar de cego galego, da man do seu autor, Baldomero Iglesias “Mero”.
O acto combinará literatura e música nunha sesión única, na que participarán:
- Raúl Galego, o Gaiteiro Nubeiro
- Quintas Canella,
- e o propio Mero coa súa voz e instrumentos.
Acompañarán tamén ao autor dúas figuras clave do proxecto:
- Concha Losada, directora do APOI
- Maribel dos Anjos, da Companha Editora.
O libro, titulado Voandeiras, é unha crónica e descrición de persoas, músicas e cantadeiras que recupera e pon en valor a tradición do cantar de cego en Galicia.
Unha cita imprescindible para os amantes da cultura popular, da música e da literatura de tradición oral.
Entrada libre e gratuíta até completar aforo.
Para máis información:
Espazo OZOC0gZ | Rúa Curros Enríquez, 29 – O Carballiño

















