O Encontro de Convivencia Familiar para persoas con discapacidade intelectual celebrou o domingo os seus 25 anos no Parque Municipal do Carballiño. Special Olimpics Galicia reuniu a 20 asociacións de toda a comunidade, con preto de 700 participantes entre familias e persoas con discapacidade intelectual, chegando en total case ao milleiro de persoas.
Ademais dun encontro, pretenden facerse visibles e pedir melloras para as asociacións de toda Galicia. Con este encontro, as familias que viven a mesma situación tamén comparten experiencias e apoio. Nesta xornada houbo moitas actividades, como repostaría, música, xogos de mesa, entre outras, como agasallos entregados polos anfitrións, Aspadisi, feitos por eles mesmos.