A choiva concedía unha tregua no Día da Bici de Ribadavia, que alcanzou a súa 27ª edición este domingo. Déronse cita un total de 190 persoas, entre afeccionados ao ciclismo e tamén familias, onde tamén puidemos ver aos avós desfrutando da xornada.
O pelotón percorreu diversos lugares emblemáticos da vila, ao longo dun percorrido aproximado de oito quilómetros. O percorrido partiu da Praza Maior e continuou por Progreso, Carballiño, A Veronza, Camiño do Río, Francelos, rúas San Lázaro e de volta ata o punto de partida, onde se sortearon varios xogos de calcetíns cedidos polo Club Ciclistas do Ribeiro. , que xunto cos Raiders do Ribeiro colaboraron co Consello Municipal de Deportes na organización deste evento lúdico-deportivo. Ademais, tamén se sortearon dúas bicicletas, sufragadas polo propio Concello de Ribadavia.