O Cine Club proxecta este venres “El maestro jardinero”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Cine Club do Carballiño inicia este mes de novembro coa proxección o venres día 3 dunha das grandes películas da tempada, El maestro jardinero, dun veteranísimo (77 anos ) mestre do cinema, Paul Schrader, que todavía continúa activo e en plena forma. Para moitos, firma aquí unha das mellores obras da súa dilatada carreira. Trátase dun filme que mistura o thriller co drama, centrado na historia de Narvel, un horticultor que traballa nunha espectacular finca propiedade dunha rica viúva, que lle encarga que tome como aprendiz á súa neta-sobriña, situación que fará aflorar un pasado oculto. Conta ademais a película con tres magníficas interpretacións protagonistas, a cargo de Joel EdgertonSigourney Weaver e Quintessa Swindel.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS