Espazo Común propón unha solución para a ampliación de Espiñedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común compareceu hoxe para propoñer unha solución á carencia de infraestruturas deportivas, sobre todo no tocante ao estado actual de Espiñedo. Alegan que o campo non está acorde aos éxitos que está acadando o C.D. Arenteiro nos últimos anos. Propoñen que o concello adquira os terreos calificados como solo rústico ubicados na parcela na que iría a grada que finalmente por lei non se pode construír. Posteriormente, sería o concello o que modificase a súa tipoloxía a solo dotacional deportivo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo Vázquez, a súa proposta en trámites burocráticos podería estar aprobada entre seis e oito meses. En canto ao custo económico, propoñen facer unha ou varias taxacións para buscar un punto intermedio entre as partes interesadas. Tamén propoñen que os próximos orzamentos contemplen 150.000 euros de fondo que permitan desenvolver esta idea.