Nova actividade no Cine Club Carballiño: “Sesións Filmoteca”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta vindeira fin de semana comenzamos unha nova actividade no Cine Club Carballiño, as sesións Filmoteca. Grazas a un convenio firmado entre a Federación de Cine Clubs de Galicia e o Agadic, varios cine clubs galegos imos ampliar a nosa programación con unha serie de sesións que denominamos Filmoteca, xa que se trata neste caso de extender a programación da Filmoteca galega a outras localidades, entre as que está o Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De marzo a novembro teremos dúas sesións ao mes, unha delas adicada aos máis pequenos e ao público xuvenil.

Empezaremos este venres día 8 de marzo coa proxección no Auditorio Municipal Manuel María ás 18:00 horas do filme de animación francés El viaje de Ernest y Célestine, nominada á mellor película de animación nos Premios Cesar da Academia francesa.

Unha mistura de tenrura e aventura que conta con unha fermosísima animación. E o domingo día 10, en horario de 19:00 horas, proxectaremos o filme islandés Godland, de Hlynur Palamason, un vello coñecido do cine club, que realiza neste caso un filme épico sobre unha viaxe aos confíns da terra, dunha beleza apabullante. O pase será neste caso en versión dobrada ao castelán. 

O prezo de todas as sesións de filmoteca será de 2 euros. Esta programación servirá para complementar a xa habitual dos venres do Cine Club Carballiño. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.