Falece D. José Benito Sieiro González, cura párroco do Carballiño durante 28 anos.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Don Jose Benito será velado no Velatorio Pompas Fúnebres O Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os funerais polo seu eterno descanso celebraranse o próximo Luns 29, ás 5 da tarde no Templo da Vera Cruz.

Descanse en Paz.

José Benito Sieiro naceu en Lebosende (Leiro), onde oficiou a primeira misa en decembro de 1960. Leva exercendo de sacerdote 60 anos, os últimos 27 no Carballiño. Mañá oficiará unha das últimas misas, que será na honra das “Irmás dos anciáns desamparados”, congregación que estaba ó fronte do coidado do Asilo do Carballiño ata o de agora que será substituida polas “Servas de Xesús”.

Xosé Benito Siero, titular da parroquia de San Cibrán do Carballño durante 28 anos, entre 1992 e 2020, ven de falecer aos 88 anos de idade.

Xosé Benito Siero foi un dos sacerdotes pioneiros na utlilización da lingua galega na litúrxia nas parroquias nas que exerceu o sacerdocio, chegara a O Carballiño con polémica, xa que á algúns feligreses non lles gustaba que o novo cura utilizara a lingua galega nas celebracíóns relixiosas, o que motivara que outros feligreses sairan en apoio do párroco promovendo unha recollida de sinaturas reivindicando a lingua galega nas misas da Veracruz.

O párroco do Carballiño, José Benito Sieiro González, con 28 anos á fronte da parroquia de San Cibrao . No mes de xuño de 2020, dende o concello, poñíase en marcha unha iniciativa para facerlle unha homenaxe pola súa labor durante este tempo. Nese momento, unha das organizacións que fixeron esta proposta foi Cáritas, para a que levaba máis de dúas décadas facendo labor social, ademáis de moitos feligreses.

Dende o concello do Carballiño recoñeceuse en numerosas ocasións o seu traballo destacando o seu compromiso “desde sempre coas problemáticas de todas as parroquias nas que estivo, incluso foi o impulsor da cooperativa de tabaco da Baixa Limia para contribuír ao desenvolvemento da zona”.

José Benito Sieiro naceu en Lebosende (Leiro), onde oficiou a primeira misa en decembro de 1960. Leva exercendo de sacerdote 60 anos, os últimos 28 no Carballiño. En agosto do oficiou unha das últimas misas, que foi na honra das “Irmás dos anciáns desamparados”, congregación que estaba ó fronte do coidado do Asilo do Carballiño ata o de agora que foi substituida polas “Servas de Xesús”.


BADAL NOVAS publicou esta nova co motivo do acto de homenaxe que tuvo lugar en setembro de 2020

O día 17 de setembro, festa no Carballiño por ser o día do patrón San Cibrao tuvo lugar o acto de homenaxe a D José Benito González cura párroco do Carballiño durante 28 anos.

Desde Badal Novas agradecerlle estes anos de adicación aos veciños e veciñas do carballiño e desexarlle o mellor nesta nova andaina da súa vida

ENLACE A RETRASMISIÓN EN DIRECTO

Unha vez celebrada a Misa tuveron lugar varias intervencións para resaltar as virtudes de D José Benito

María Rodríguez e Juan Rúa en nome de todos os feligreses, Rafael Melero cofrade maior da Cofradía da Veracruz, Paco Fumega alcalde de Carballiño, Míguel Santalices Presidente do Parlamento Galego e por último don José Benito que con un emotivo : Gracias, Gracias, Gracias despediuse de Carballiño