O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participou na inauguración desta mostra e parabenizou o traballo que se desenvolve neste centro, “activo desde hai 132 anos, sendo unha das escolas destas características máis antigas de Galicia”
Nesta mostra amósase unha selección dos traballos realizados polo alumnado das diferentes disciplinas que se ensinan na Escola: Debuxo, Pintura, Talla en Madeira, Modelado de Barro e Olería
A Biblioteca Nós acolleu esta tarde a inauguración da exposición dos traballos realizados polo alumnado das diferentes disciplinas que se ensinan na Escola de Artes e Oficios da Deputación: Debuxo, Pintura, Talla en Madeira, Modelado de Barro e Olería. Comeza así unha nova andaina deste centro, “activo desde hai 132 anos, sendo unha das escolas destas características máis antigas de Galicia”, explicou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, durante o acto de inauguración.A inspiración na creación e desenvolvemento da Escola de Artes e Oficios, en 1892, foi tomada do movemento británico “Arts&Crafts” de William Morris (1834-1896) na segunda metade do século XIX.Pouco mais dun século despois, nos tempos de tecnoloxía dixital, incluída a intelixencia artificial, que pese a que exercen un desapego da creación manual, “na Escola de Artes e Oficios esta disciplina segue a manter o seu pulo, co notable crecemento do número de matriculados, albiscando así un futuro esperanzador para as artes e os oficios manuais na nosa provincia”, explica o seu director, Francisco González Bouzán.No que atinxe á exposición inaugurada hoxe, cada obra pertence a diferentes fases do proceso de aprendizaxe, dende alumnos de primeiro ano ata veteranos con anos de práctica. O academicismo mestúrase cunha visión vangardista poñendo en valor o desempeño técnico e estético dos oficios, pero sen esquecer a función expresiva e comunicativa intrínseca nas artes plásticas.