O tenente alcalde do concello de Punxín, Eladio Fernández, fixo un balance deste primeiro ano de colación de goberno con Partido Popular. O obxectivo deste novo grupo é o de fixar poboación a través de novas inversións. Fixo un repaso do feito nos últimos doces meses, asegurando que as inversións en marcha alcanzan o medio millón de euros, algo nunca visto neste concello.
Agora mesmo están en marcha xa obras no núcleo de Freás, na estrada principal, por un importe de 200.000 euros. Hoxe mesmo aprobaron el pleno extraordinario as bases de licitación dos restantes 300.000 euros dese total.
Entre os proxectos nos que queren traballar a futuro está a creación dun parking de caravanas, a mellora da seguridade vial coa solicitude dunha rotonda e a proxección dun parque activo