Familias excluidas da Galiña Azul de Ribadavia.
Ribeiro en Común solicita a convocatoria da Xunta de portavoces para que o alcalde informe da situación na Galiña Azul e a situación das familias excluidas da gardería.
O Concello nada fixo no verán, e agora comezado o curso veñen as presas, deixando a 10 nenos e nenas sen praza.
O alcalde debe informar aos grupos municipais dos gastos do Concello e do proxecto que o goberno anunciou, sen apenas información, para reubicar noutro espazo diferente ás familias excluidas pola Xunta da Galiña Azul, pasándolle o problema ao Concello.
Segundo nos informan, o Concello pretende acondicionar unha aula do Colexio CEIP Ribadavia para establecer un Punto de Atención aos nenos e nenas excluídas pola Xunta da Galiña Azul.
Non parece xusto que:
1. A falta de prazas da Galiña Azul (Xunta) teña que págalo o Concello.
2. Se exclúa a familias da Galiña Azul por falta de prazas, e que teñan que agardar a que se acondicione un espazo que debería estar listo para o comezo do curso.
Non nos parece de recibo que estas familias queden ser servizo público, cando levamos meses con esta situación, e deixouse pasar o verán sen facer nada.
3. A improvisación chega a tal nivel, que o goberno local está redactando aínda a solicitude dunha subvención de concorrencia competitiva para facer fronte aos gastos.
Semella pouco serio que o Conselleiro de Educación estivera antes do verán no Colexio CEIP Ribadavia para facerse fotos co alcalde, sen abordar esta necesidade.
Moitas dúbidas sobre as decisións tomadas polo goberno local e ausencia total de transparencia e información.
Por todo isto demandamos a convocatoria da Xunta de portavoces municipais de Ribadavia, e que o alcalde dea unha solución inmediata as familias que a Xunta deixou fora da Galiña Azul.