Un veciño do Carballiño de 58 anos falece nun accidente en Maside

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA da GARDA CIVIL:

Ás 00:45, no ramal de ligazón da autovía AG-54 coa AG-53, no termo municipal de Maside (Ourense), produciuse a saída da vía pola marxe esquerda e posterior envorco dun turismo Ford Focus, conducido por MGB de 58 anos e veciño do Carballiño, resultando falecido no acto.

COMERCIAL ORCELLÓN

Por causas que están a ser investigadas polo Equipo de Investigación de Sinistros de Tráfico do Subsector da Garda Civil de Ourense, o condutor perdeu o control do seu vehículo e impactou contra a barreira de formigón e, tras voar sobre a mediana terriza, cruzo o ramal do sentido contrario e se despeñó por un desnivel ata a súa posición final sobre a cuneta dunha pista asfaltada que se dirixe á localidade da Touza. Debido á violencia dos varios impactos e voltas de campá e de tonel que foi recibindo o vehículo no seu desprazamento incontrolado, foi necesario realizar as manobras de excarceración para que a médica puidese acceder ao cadáver e poder certificar o falecemento.

Para atender este sinistro foi necesario mobilizar:

2 Patrullas de motoristas e un equipo de investigación de sinistros do Subsector de Tráfico.

A médica de garda do PAC de Maside.

GES e bombeiros de Carballiño.

Servizo de mantemento e limpeza da vía.

e mantemento están a peitear a zona por se houbese algun outro usuario do referido turismo. OU-100 e Xefe UNIS no lugar, que se encargasen de ampliar datos en caso necesario.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------