O Arenteiro perde en Sestao (2-1) e abandona os postos de promoción

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Arenteiro viaxou esta pasada fin de semana ata terras de Biscaia para enfrontarse, no mediodía de onte, ao Sestao River Club, que era o colista da clasificación, pero voltou a fallar e perdeu por 2-1 nun encontro no que os locais foron claros dominadores no seu campo de Las Llanas, nun ambiente frío con vento e choiva. As cousas tampouco comezaron ben para o equipo do Carballiño, xa que o porteiro do Sestao, Iago Herrerín, derriboba a Diego Gómez nun claro penalti que o árbitro non quixo ver, a vez que amosaba cartón amarelo ao dianteiro verde. Era o inicio do partido, que tivo o seu primeiro punto de inflexión no minuto 21, cando Etxaniz remataba de cabeza ao fondo da red un centro de Palacín para facer o 1-0. O Arenteiro pudo empatar no minuto 39, cun disparo do mesmo Gómez que foi despexado polo cancerbeiro do Sestao, pero, de seguido, Bustillo cede a Córdoba, que supera ao meta verde cun disparo (2-0).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na segunda parte, o adestrador Raúl Jardiel fixo tres cambios e meteu no campo a Adrián Cruz, que tivo dúas ocasións de gol nos minutos 51 e 58, que repetiron Pascu e Gómez nos minutos 62 e 72. O Sestao defendía o seu resultado ata que, xa sobrepasados catro minutos do 90, un centro de Iván Muñoz foi aproveitado por Cruz para cabecear o balón ao fondo da rede e fixar o 2-1 definitivo. O técnico Raúl Jardiel mesmo recoñecía, ao remate do encontro, que os xogadores non habían estado ben  e que non souberon “adaptarse ao escenario”, cun campo condicionado polas inclemencias meteorolóxicas.

Tras dúas derrotas consecutivas, o conxunto verde baixa ata a 7ª plaza da táboa, con 23 puntos, e terá a oportunidade de recuperarse o vindeiro sábado, día 14, no municipal de Espiñedo fronte ao Real Unión Club, que con tres puntos menos ocuapa a 12ª posición, tras vencer ao Bilbao Athletic por 3-1.