Cine Club Carballiño abre a programación de 2025 coa proxección da película “Marco”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Cine Club Carballiño comeza a programación deste mes de xaneiro, adicado ao cinema español, o vindeiro venres, día 10, coa proxección da película “Marco”, de Aitor Arregi e Jon Garaño, que nos conta a historia de Enric Marco Batlle, que foi un sindicalista español que exerceu coma secretario xeral da Confederación Nacional do Traballo (CNT) e presidente da Amical Mauthausen de España. Durante a súa etapa ao fronte da asociación deu un gran número de charlas, principalmente en centros de ensino, sobre a súa vivencia coma supervivente dos campos de concentración. Máis adiante, acabouse descubrindo que falseara datos da súa biografía para aparecer coma supervivente do campo de concentración de Flossenburg, durante a Segunda Guerra Mundial. O fime está nominado en cinco categorías dos Premios Goya, entre eles o demellor dirección e o de mellor actor principal, neste caso para un Eduard Fernández que fai unha interpretación maxistral, recoñecida xa nos premios Forqué. A película estivo nominada tamén a mellor filme no Festival de Venecia. Os pases serán os habituais das 20,00 e das 22,30 horas no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO