A compañía arxentina Bola 8 ofrecerá dous espectáculos o vindeiro 12 de abril no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A compañía arxentina Bola 8 voltará ao Carballiño no vindeiro mes de abril no inicio da súa xira por Europa con dous espectáculos que terá lugar no Auditorio Manuel María da nosa vila. A data desta dobre cita será o sábado 12 de abril, cunha primeira representación orientada ao público infantil e familiar a partir das 12,00 horas. Trátase de “Os contos de Gabotino, que aborda temáticas como a ecoloxía e os dereitos humanos, e cun prezo de 4€ por entrada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

E o mesmo día, pero ás 20,30 horas, Bola 8 ofrecerá “Vín a verte”, unha montaxe para maiores de 12 anos, con Gabriel Faversani na escea, e na que se fala da relación e vivenzas entre dous irmans, coas entradas a un prezo de 6€. Bola 8 abre deste xeito no Carballiño un percorrido que levará á compañía por outras comunidades españolas como Aragón e Cataluña e outros países europeos coma Alemaña, Países Baixos e Italia.