Os socialistas denuncian que a Deputación desenténdese do estado das obras e incidentes relacionados no Chuo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Non podemos aceptar que a Deputación se lave as mans diante de problemas tan graves que afectan á seguridade das instalacións hospitalarias”, lamentou Álvaro Vila.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O desleixo da Deputación é recibido con preocupación polos socialistas, que acusan á corporación provincial de eludir o seu papel na supervisión de proxectos clave para a saúde pública provincial.

“Non é de recibo que a saúde da provincia siga sendo tratada como unha prioridade secundaria. Demandamos responsabilidade, compromiso e acción das administracións concernidas”, concluíu Vila.

Ourense, 16 de abril do 2025. Na resposta oficial ás preguntas formuladas polo Grupo Provincial Socialista sobre as obras no Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e os incidentes relacionados, a Deputación desenténdese da problemática, argumentando que non ten competencias na materia e trasladando a responsabilidade á Xunta de Galicia. “Non podemos aceptar que a Deputación se lave as mans diante de problemas tan graves como os atrasos nas obras ou a seguridade das instalacións hospitalarias”, lamentou Álvaro Vila Araújo, voceiro socialista na corporación provincial.

A resposta oficial foi recibida con preocupación polos socialistas, que acusan á corporación provincial de eludir o seu papel activo na supervisión de proxectos clave para a saúde pública. “Máis alá do seu marco competencial, a Deputación ten a obriga de actuar como mediadora entre a administracións e poboación, velando pola correcta marcha de proxectos chave para a nosa provincia e esixindo explicacións á Xunta sempre que sexa necesario na defensa dos intereses de Ourense”, dixo Vila. Para este, “a resposta é insuficiente, evidencia desleixo e evita abordar as preocupacións manifestadas pola cidadanía”.

Unha chamada á acción

Diante deste panorama, o Grupo Provincial Socialista insta á Deputación de Ourense a asumir un papel máis activo na defensa dos dereitos e necesidades dos cidadáns de Ourense. “É obriga da Deputación atender e mediar en calquera situación que afecte á provincia, nomeadamente cando está en xogo a seguridade e benestar dos cidadáns”, engadiu. Durante as últimas semanas sucédense os incidentes, como o desprendemento dos teitos no terceiro andar do Hospital Materno Infantil ou graves inundacións nas instalacións por mor de deficiencias nos sistemas de drenaxe derivadas dos traballos en curso.

Traballadores e sindicatos, así como os usuarios do CHUO, arrecían nas súas denuncias sobre o estado dos traballos e a sucesión de accidentes, destacando a falta de transparencia e planificación das obras. Tamén reclaman que Xunta e Deputación adopten “medidas urxentes” para garantir a seguridade e evitar máis incidentes que poñan en risco vidas de pacientes, visitantes e persoal. “Non é de recibo que a saúde da nosa provincia siga sendo tratada como unha prioridade secundaria. Demandamos responsabilidade, compromiso e acción por parte de todas as administracións implicadas”, concluíu Vila.

Achegamos audio con valoración do voceiro do grupo provincial socialista, Álvaro Vila en relación ao estado das obras do CHUO.

https://drive.google.com/file/d/14VhWbWbxLr1H9V6RBOhkdnPHwk_oEibR/view?usp=sharing

PUBLICIDADE