As obras de reforma do Conservatorio de Música comezaron hoxe para eliminar os efectos do gas radon

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A empresa ’07 Obras y Servicios, S.L.” deu comezo hoxe as obras de reforma e acondicionamento das dependencias do Conservatorio e da Escola Municipal de Música do Carballiño co obxectivo de paliar os efectos do gas radon detectado nas instalacions. A adxudicataria levará a cabo os traballos cun orzamento superior aos 131.000 euros cun prazo de execución fixado en tres meses, se ben dende o Concello estiman que a duración podería ser menor.

As obras contemplan o levantamento e reposición da estructura interior das aulas que integran este centro de estudio musical, que están ubicadas dende hai 18 anos nos baixos do Auditorio Manuel María, unha vez que a Concellería de Cultura decidira naquelas datas a creación dun Conservatorio de grao medio e unha Escola de Música estables, ante a gran demanda existente e así poder evitar que o alumnado tivese que desprazarse a outras localidades.

O proxecto de reforma das instalacions non está exento de polémica, xa que dende a dirección da ANPA do centro tense manifestado que non se axusta aos parámetros desexables para mellorar a calidade do ambiente nas aulas. Mentres, as alumnas e alumnos que cursan estudios no Conservatorio e na Escola acuden ao IES Nº 1, onde foron habilitadas aulas para acoller provisionalmente as clases dende o inicio do actual periodo lectivo 2024-2025.

PUBLICIDADE