Os vehículos ‘superdeportivos’ espertaron curiosidade na concentración do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

https://www.facebook.com/share/v/19pTXFh2Qv

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A sétima edición da concentración de vehículos ‘Superdeportivos’ chegou o pasado sábado ao Carballiño cun programa de actividades para os participantes e co aliciente para veciños e visitantes de poder admirar auténticas xoias sobre rodas.

Un evento dinamizador da vila no que participaron ao redor de 100 vehículos de alta gama que se concentraron na Praza Maior dende as 10,30 ata as 12,30 horas, para despois percorrer unha ruta pola comarca e regresar para un xantar de confraternidade baixo unha carpa.

No Carballiño puidéronse ver vehículos tales como Maserati, Aston Martin, Ferrari, Porsche, Lamborghini, BMW ou Mercedes, entre outros, chegados de toda Galicia, Norte de Portugal e de comunidades como o País Vasco ou Madrid, e que estiveron expostos ata o fin da tarde do sábado.