Durante estes días pasados do mes de Xuño leváronse a cabo os traballos de limpeza e roza do entorno da torre do Castro en Sandiás, propiedade da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa conservación e visita. Estas labores foron financiadas pola Consellería de Cultura, Língua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Concretamente, o perímetro da Torre do Castro no Concello de Sandiás xa está todo limpo o que permitirá ao concello facer con moita máis comodidade as visitas a Torre do Castro e dispoñer dun entorno axeitado para visitas por libre e para o concerto de verán no mes de Agosto do grupo vigués de música tradicional “Abril Trío “.
As fotografías son de Xeitura Cooperativa, empresa de xestión integral do patrimonio que, neste caso, encargouse da limpeza, roza e control arqueolóxico.