A Xunta Reitora aprobou as contas anuais de UNED Ourense

A situación volve reflectir un Consorcio saneado, que repercute no bo funcionamento do Centro universitario

OURENSE, 21 de xullo de 2025. A Xunta Reitora do Consorcio de UNED Ourense aprobou as Contas Anuais, grazas á achega das institucións que integran devandito Consorcio: a Deputación, o Concello de Ourense, a UNED, a Xunta e o Concello da Rúa.
Nesta reunión tamén se aprobou a Planificación Académica para o curso 2025-2026. Este documento implica un denso traballo no que se establecen, entre outros aspectos, as materias de cada grao e os correspondentes profesores titores que as imparten. O terceiro punto aprobado por todos trataba da aprobación do Proxecto de Orzamento para o exercicio económico de 2026, proxecto que contou con luz verde.
A sesión estivo presidida por César Manuel Fernández Gil, vicepresidente segundo da Deputación Provincial de Ourense (a esta institución correspóndelle a presidencia da Reitora); ao que acompañaron na mesa Aníbal Pereira Novoa, tenente de alcalde do Concello de Ourense (institución á que corresponde a vicepresidencia); a vicerreitora adxunta de Centros Asociados da UNED, Isabel Martín de Chairo; o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz; o secretario xeral de universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro; a alcaldesa da Rúa, María González Albert; o coordinador académico e representante de profesores titores, Julio Prada Rodríguez; a representante do PTGAS, María Elvira Pavón Pazos; a representante de estudantes, Yolanda López Orcajo, e a secretaria do Consorcio, María Concepción Álvarez Gómez.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------