O 22 de agosto na tenda OZOCOgz, presentación do libro “Onde nacen as bestas” de Pedro Feijoo

Pedro Feijoo, o gañador do Premio XERAIS do pasado ano volve visitarnos para presentar no Carballiño a súa última e exitosa novela, “Onde nacen as bestas”, unha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas.

Entre o lume do val e as néboas da serra, unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos…».

Venres (6ª feira), 22 de agosto, ás 20:30h.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------