Os deputados do PP de Ourense reiteran a urxencia de que Renfe rectifique e recupere xa neste mes de setembro as paradas do AVE na Gudiña que houbo ata o 9 de xuño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

• Expresan o seu malestar porque Renfe manteña os horarios discriminatorios ata o 13 de decembro, de xeito que os usuarios da estación Porta de Galicia non teñen máis alternativa matinal para viaxar a Madrid que tomar un AVLO ás 12:08h, que chega á capital ás 14:08h. E se queren regresar o mesmo día o último tren sae ás 18:06h para chegar á Gudiña ás 20:02h. “Un auténtico disparate de horarios, irracionais e inútiles  para os habitantes do medio rural”, sinalan

• Afirman  que non é xustificable esta discriminación á mobilidade e aínda máis despois da vaga de lumes forestais que asolaron as comarcas da Gudiña, Monterrei, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras e tamén á veciña comarca de Sanabria. “Se xa antes desa catástrofe era de xustiza que Renfe e o Goberno de España rectificasen a decisión tomada de suprimir paradas dos trens AVE na Gudiña, agora, faise máis necesaria”, afirma Celso Delgado

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------