Este venres, día 26 de setembro, Cine Club Carballiño proxectará a película francesa “A historia de Souleymane”, do director Boris Lojkime, gañadora de catro premios César e do premio á mellor película e mellor actor na sección ‘Un certain regarde’ do Festival de Cannes. Conta cunha impresionante interpretación de Abou Sangare, recoñecida en diferentes festivais, que encarna ao protagonista.
O seu argumento conta que mentres pedalea polas rúas de París para repartir comidas, Souleymane repite a súa historia. En dous días ten que pasar a entrevista de solicitude de asilo, a clave para obter os papeis. Pero Souleymane non está preparado.
Un filme magnífico, enérxico e arrebatado, que ofrece unha mirada novedosa do mundo da inmigración. Os pases serán ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS., no Auditorio Manuel María do Carballiño.