
O informe da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia rexistrou un total de 257 intervencións nos últimos tres meses. Concretamente, foron 91 en xullo, 94 en agosto e 72 en setembro entre intervencións, operativos e servizos.
Según o tipo de avisos, os efectivos de Emerxencias atenderon 211 servizos solicitados polo CIAE 112 Galicia:
- 28 accidentes de tráfico: 16 con feridos – 1 deles con excarceración- que esperamos estean totalmente recuperados, e 7 accidentes sen feridos (3 deles falsas alarmas polos IPhone que requiriron mobilización ó no contestar o teléfono). 1 accidente laboral.
- 11 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos en estradas/vías públicas.
- 87 servizos por eliminación de niños de velutina de risco.
- 18 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras /restos de accidentes, e tendidos eléctricos/telefónicos.
- 45 saídas por incendios: 6 urbanos – 37 forestais – 1 falsa alarma, 3 en vehículos – 2 deles falsas alarmas.
- 10 apoio sanitarios para mobilización de persoas ou apoios ó helicóptero de urxencias sanitarias H4.
- 1 persoa falecida (morte xudicial)
- 1 rescate de persoa no río Avia
- 1 unha persoa ferida por caída nás Pozas de Melón.
- 2 procuras de persoas desaparecidas, felizmente atopadas en bo estado.
- 4 apertura de vivendas en apoio das Forzas da Orden ou apoios a Urxencias Sanitarias.
- 5 Operativos de PC. Por tirada de fogos e reposición de servizos na Festa da Istoria
Por outra banda, o Servizo Municipal de Protección Civil (SMPC) de Ribadavia levou a cabo 58 servizos e operativos:
- 9 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos, no ámbito municipal.
- 7 servizos por eliminación de niños de velutina (comunicados como non de risco)
- 3 apoios sanitarios para mobilización de persoas.
- 2 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas do ámbito municipal.
- 8 saídas por incendios forestais reclamados directamente polo Distrito Forestal.
Finalmente, entre as intervencións do SMPC contabilizáronse un total de 32 servizos designados operativos de Protección Civil e o GES, que incluíron baldeos; mantemento da estación meteorolóxica; apoio a Policía Local en regulacións do tráfico,e de apoio na Mostra Internacional de Teatro (MIT). Tamén a montaxe de postos sanitarios, PMA , sinalización Festa da Istoria, apoios en concertos, actividades das festas patronais da Virxe do Portal , tiradas de fogos e o campamento infantil de verán.