Os integrantes da comisión organizadora das festas de Señorín mantén a súa iniciativa de promover xuntanzas de confraternidade entre a veciñanza, non só da parroquia senón tamén de todo O Carballiño, e, por ise motivo, traballaron nas últimas semanas para ofrecer á cidadanía a celebración dun magosto tradicional, que terá lugar o vindeiro sábado, día 8 de novembro.
E tra-lo éxito de convocatoria acadado o pasado mes de xullo na cea popular das festas do Carmen, a organización voltou a verse desbordada nesta ocasión, xa que foron máis de 400 as persoas que adquiriron os tiquets para asistir a este magosto, que comezará a partir das 21,00 horas nunha gran carpa habilitada xunto ao local social da parroquia, se ben o bar instalado pola comisión abrirá unha hora antes para todos aqueles que queiran achegarse.
Empanada, panceta, chourizos e, como non, castañas, integrarán o menú, que irá acompañado de viño, auga e refrescos, ademais dun postre composto por bica e chocolate. O prezo fixado foi de 15 euros para os maiores de 14 anos, xa que os menores desta idade poderán sentarse gratis á mesa. Todo elo amenizado pola música de recoñecido DJ Tibu, que, con toda seguridade, poñerá a bailar a máis dun comensal.

















