O presidente provincial asistiu a este foro técnico destinado a representantes provinciais e persoas traballadoras das deputacións de todo o territorio nacional, salientando a importancia do mesmo para a institución provincial ourensá, “sendo como é o Concello de concellos”
Madrid, 20 de novembro de 2025
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe en Madrid á xornada técnica, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que leva por título “O futuro das deputacións en España”. Menor salientou a importancia deste foro para a institución provincial ourensá, “sendo como é o Concello de concellos, municipios que teñen na Deputación unha administración cooperadora”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A xornada contou con dúas mesas temáticas. Así, na destinada a “Gobernanza e financiamento”, abordáronse asuntos como a reforma do sistema competencial e de financiamento das deputacións provinciais para favorecer a prestación de servizos públicos de calidade, dotándoas dos medios materiais e persoais necesarios para o bo exercicio das súas competencias, así como a súa suficiencia financeira, dotándoas dos recursos económicos precisos para o exercicio das súas competencias.
Tamén se analizou polo miúdo a reforma do sistema electoral provincial; sistema de elección directa dos representantes dos Gobernos Locais Intermedio, para o cumprimento da Carta Europea de Autonomía Local. E tamén se debateu acerca da xestión de servizos intermunicipais.
A segunda mesa estivo centrada nas provincias e articulación do territorio. Así, estableceuse ás deputacións como elementos articuladores da cohesión territorial e social das provincias. Tamén se abordaron asuntos como o desenvolvemento rural, despoboamento e reto demográfico.
















