Iria Sobrado protagonizou a performance “Corazón” na Praza de Abastos do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Praza de Abastos do Carballiño acolleu esta mañá a performance “Corazón” da actriz carballiñesa Iria Sobrado. A peza, enmarcada na programación do Concello con motivo do 25N, aborda os diferentes tipos de violencia que sofren as mulleres ao longo da súa vida.

A concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, acudiron ao evento, no que tamén estivo presente o persoal do Centro de Información á Muller (CIM), así como veciños e veciñas.

A programación do 25N continúa no mes de decembro, o día 12, coa mesa de coordinación institucional para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------