Publicado no BOP a convocatoria de subvencións destinadas a asociacións veciñais do concello do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

EXTRACTO DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO PARA GASTOS DE INVESTIMENTO E GASTOS CORRENTES DE FUNCIONAMENTO PARA O ANO 2025 EN LOCAIS DE PROPIEDADE DA ASOCIACIÓN OU CON CESIÓN DE USO

Extracto das bases reguladoras e convocatoria de subvencións destinadas a asociacións veciñais do Concello do Carballiño para gastos de investimento e gastos correntes de funcionamento para o ano 2025 en locais de propiedade da asociación ou con cesión de uso

BDNS (Identif.): 870693

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocato-ria/870693)

Primeira. Obxecto e finalidade da convocatoria

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As presentes bases teñen por obxecto regular, tomando como marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño que se rexe a súa vez pola Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro, e as bases de execución do Orzamento do Concello do Carballiño, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a asociacións de veciños do Concello do Carballiño, destinadas á execución de obras de investimento e gastos correntes de funcionamento dos locais sociais.

Segunda. Beneficiarias

  1. Poderán concorrer á presente convocatoria de subvención (en calquera das modalidades), aquelas asociacións veciñais que cumpran os seguintes requisitos:
    1. estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e no Rexistro de asociacións do Concello do Carballiño, con domicilio social no Concello do Carballiño e provistas do perceptivo Código de Identificación Fiscal (CIF).
    1. non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percep-ción de axudas ou subvencións públicas
    1. estar ao día coas obrigas tributarias coa axencia tributaria estatal, autonómica, local e a Segu-ridade Social.

Será requisito para solicitar a subvención de investimento ostentar a titularidade (ben mediante o documento de propiedade ou de cesión de uso coa correspondente autorización para a realización de obra) do local social

  • Quedan excluídas:

a) Aquelas asociacións que recibiran outra subvención do Concello, en convocatorias anteriores, e non a xustificasen debidamente.

Terceira. Crédito

  1. O importe total asignado no Orzamento municipal que se destina a esta finalidade ascende a

9.400 euros segundo se detalla a continuación:

Plan de mellora de locais sociais   Aplicación orzamentaria        Importe

Gastos correntes de funcionamento:                           414.11.480.00                              5.400 € Investimento                                                            414.11.780.00                              4.000 €

  • Ningunha entidade poderá obter unha subvención da Área de Medio Rural superior a:
  • Para gastos de investimento: 1.000 €

Para gastos correntes de funcionamento: 600 €

O remanente, de habelo, repartirase entre as solicitudes de maneira proporcional.

  • Estas subvencións poderán ser compatibles con outras para o mesmo fin. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con sub-vencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade que van desenvolver as entidades beneficiarias. Se así fose, este feito daría lugar a unha modificación da resolución da concesión. Así mesmo, toda alteración das condicións para a concesión das subvencións poderá dar lugar, se é o caso, á modificación do acordo de concesión.

Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación

  1. As entidades que se acollan a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude me-diante o modelo normalizado (anexo I) que se facilitará na Área de Medio Rural do Concello do Carballiño, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, trala comunicación efectuada para o efecto pola BDNS (Base de Datos Nacional de Subvencións), mediante a instancia dirixida ao alcalde ou concelleira delegada do Medio Rural, no Rexistro xeral municipal do Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procede-mento administrativo común das administracións públicas e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

O Carballiño, 20 de novembro de 2025. O alcalde. Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------