Sandiás e a cámara mineira poñen en valor a historia xeolóxica da conca da Limia e o patrimonio xeolóxico-mineiro das areeiras coa instalación dun tótem interactivo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Sandiás traballa nun proxecto integral de promoción turística que sirva de punto de referencia para os veciños e os visitantes ofrecendo un amplo abanico de posibilidades para coñecer o patrimonio. Precisamente, este punto interactivo facilitará o acceso á información escrita, gráfica e iconográfica relevante cun simple clic no móbil. O equipo de goberno “está a dotar de infraestruturas aos distintos núcleos poboacionais do concello para potenciar o turismo e o coñecemento do patrimonio material e inmaterial coa instalación progresiva de sinalética da que se dará conta próximamente”, indicaron o alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura, Pepe Gándara.

Tótem interactivo para por en valor o Patrimonio xeolóxico-mineiro das “Areeiras da Limia”

O Campo de San Nicolás nº 2 ao carón da Casa do Concello  conta xa cun novo punto de información turística e ambiental sobre un dos espazos naturais máis emblemáticos da comarca. Trátase dun tótem interactivo, que servirá para por en valor e divulgar o humidal artificial “Areeiras da Limia” situado maioritariamente no territorio que abrangue o Concello de Sandiás e onde destacan explotacións mineiras que extraen area de alta calidade e nas que os ocos creados por dita actividade extractiva énchense de auga de forma natural e colonizanse de flora e fauna acuáticas convertendo a zona nun espazo rico en biodiversidade, especialmente nun punto de interese ornitolóxico.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O tótem conta cun código QR que permite acceder desde o móbil  á información documental, gráfica e audio-visual sobre dito espazo de interese xeolóxico e natural. O código escaneado dirixe á plataforma dixital de Patrimonio Xeomineiro de Galicia. Con esta instalación, o Concello de Sandiás espera poder achegar o patrimonio xeolóxico-mineiro aos veciños, visitantes e aos centros educativos utilizando as ferramentas das novas tecnoloxías dun xeito didáctico e atractivo. A peza instalouse grazas á colaboración do Concello de Sandiás coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.

 Outras iniciativas complementarias no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela: visitas guiadas, “hidrogeodía” e xornadas xeolóxicas divulgativas sobre a Conca da Limia

Neste sentido, o Concello de Sandiás a través do seu Centro de Interpretación da Lagoa de Antela tamén ten desenvolvido outras iniciativas para por en valor dito espazo. Nas múltiples visitas guiadas abórdase a  xeomorfoloxía das areeiras, a historia e os períodos de explotación das mesmas, o seu marco legal e os tipos de máquinas de explotación industrial utilizados na preparación da area, os diferentes tipos de area e os seus usos así como a situación do mercado actual e os compromisos que adquiren os empresarios na restauración ambiental.

Tamén se desenvolveu no mes de marzo pasado o “Hidrogeodía” organizado polo grupo español da Asociación Internacional do Hidrogeólogos (AIH-GE) que busca poñer en valor a xeoloxía no patrimonio natural dado que condiciona o relevo dunha zona influíndo no clima, flora, fauna e modo de vida dos habitantes. Realizáronse actividades de observación e interpretación da conca sedimentaria da Limia desde o Pico Costoira (Cerredelo),  dos cráteres das explotacións areneras e unha visita “in situ” a unha explotación para analizar a composición do chan e a súa relación co comportamento das augas subterráneas.

Por último, como actividade divulgativa no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela levouse a cabo unha charla divulgativa sobre a historia xeolóxica da conca da Limia. Eduardo González Clavijo xeólogo que traballa para a Sociedade Xeolóxica de España falou do proceso de formación do chan da antiga Lagoa de Antela e da composición e permeabilidade media das devanditos chans, asunto que explicou cun experimento práctico feito con arxila e area. Aproveitou todas as indicacións anteriores do factor xeolóxico para comprender mellor o comportamento dos acuíferos da zona e explicar dende unha perspectiva xeolóxica como os materiais sedimenarios que enchen a conca terciaria da Limia inflúen na contaminación por materia orgánica no río Limia augas abaixo desta zona, entre outras cousas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------