Publicadas no BOP as bases reguladoras das Copas Deputación 2026, cun orzamento de 90.000 euros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A través desta convocatoria, a institución provincial reforza o seu compromiso co deporte base e co deporte de competición federado, apoiando a organización de competicións deportivas amateur que se desenvolvan integramente na provincia de Ourense durante a tempada 2025-2026 baixo a denominación de “Copa Deputación”

Ourense, 15 de xaneiro de 2026.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar as bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións destinadas ao desenvolvemento das Copas Deputación 2026, impulsadas pola Deputación Provincial de Ourense cun orzamento total de 90.000 euros.

A través desta convocatoria, a institución provincial reforza o seu compromiso co deporte base e co deporte de competición federado, apoiando a organización de competicións deportivas amateur que se desenvolvan integramente na provincia de Ourense durante a tempada 2025-2026 baixo a denominación de “Copa Deputación”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


As bases establecen que poderán ser beneficiarias as federacións deportivas galegas, a través das súas delegacións en Ourense, así como entidades deportivas da provincia autorizadas polas correspondentes federacións. A convocatoria intégrase no Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación e do Inorde 2024-2027 e ten como finalidade garantir a continuidade de competicións cun forte arraigamento social e deportivo no territorio provincial.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase tras a publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións e permanecerá aberto ata o 16 de febreiro de 2026, debendo presentarse de forma telemática a través da sede electrónica da Deputación de Ourense.

As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica da Deputación, onde tamén se publicarán os distintos trámites do procedemento.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------