Ribeiro en Común demanda que o goberno local inicie a aplicación da ordenanza de tráfico de Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribeiro en Común critica que o goberno de Ribadavia leve máis de dous ano e medio sen aplicar a norma de trafico no casco histórico, incumprindo a norma relativa a peonalización da zona monumental e o control de vehículos, que invaden sistematicamente as zonas peonís e incumpren a zona de estacionamento reservado a veciños. Esta formación política tamén apunta que “ademais de estar dous anos sen cumprir a norma de 2021, en vigor, tampouco cumpre os cambios realizados no pasado mes de xuño (en vigor desde setembro)”.

Ao respecto, consideran que “non é admisible que o goberno cambiara a norma da zona verde en xuño, estacionamento para residentes, que esta entrara en vigor en setembro, e que aínda non explicara a veciños e establecementos os cambios realizados e como vai afectar, e, por elo advirten “do malestar e críticas veciñais coa actitude do goberno local: falta de información e explicación dos cambios que realizou o goberno”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así, Ribeiro en Común manifesta que, “diante da falta de información do goberno municipal, advertimos que o PP ven de restrinxir o estacionamento só a censados no casco histórico, o que supón excluír a residentes propietarios que viven en Ribadavia nas fin de semana, xa que por desgraza son moitos os que teñen que traballar e residir fora, pero que sen embargo fan vida activa durante todas as fin de semana e nas tempadas estivais”. Esta normativa, engaden, “tamén exclúe a veciños con familia na zona monumental que estean censados noutras rúas de Ribadavia, o que é algo incomprensible, por exemplo fillos e fillas que xantan na casa dos pais, ou van de visita a casa familiar”.

En consecuencia, dende Ribeiro en Común voltan a reclamar unha campaña informativa do Concello respecto do cambio de norma, pedindo que nesta fase informativa non se sancione. Asimesmo, solicitan o inicio da aplicación da norma de 2021 nas zonas verdes ACIRE, e que o goberno municipal rectifique os cambios restritivos feitos na zona monumental, volvendo á norma de 2021″.

Finalmente, demandan “que se volva facer control das zonas azuis da rúa Progreso e se estendan novas zonas azuis á zona Rúa Ribeiro/ Travesía Ribeiro” e “que o Concello informe á cidadanía de todos os cambios na norma de trafico, en toda a vila de Ribadavia”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------