Expourense acolle este luns o ‘Programa Xeración Dixital’ para persoas de equipos directivos de PEMES

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Galicia Business School e Grupo Isonor inician este vindeiro luns, ás 9,30 horas, en Ourense, unha nova edición do ‘Programa Xeración Dixital PEMES: Equipos directivos’, unha iniciativa formativa estratéxica orientada a capacitar ás persoas responsables da toma de decisións nos procesos de dixitalización e modernización empresarial. O programa desenvólvese en convenio con Galicia Business School e conta coa colaboración da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, reforzando o compromiso conxunto co tecido empresarial de Ourense e co impulso da competitividade das PEMES desde o ámbito directivo.

Esta formación, 100% subvencionada con fondos Next Generation EU, ofrece aos participantes unha capacitación especializada para afrontar os retos actuais da transformación dixital, poñendo o foco na estratexia empresarial, a innovación e a incorporación da Intelixencia Artificial como ferramenta clave para a mellora de procesos, a toma de decisións e a creación de valor. Entre os seus principais características destaca a obtención dunha titulación adicional como Experto en Intelixencia Artificial para a Empresa, así como un formato mixto que combina cinco sesións presenciais en Ourense con sesións en liña en directo.

O Programa Xeración Dixital PEMES está dirixido persoas de equipos directivos e responsables de toma de decisións, cun número de prazas limitado a 50 participantes e un máximo de dúas pe rsoas por empresa, co obxectivo de garantir un enfoque práctico e de aplicación directa na xestión empresarial. A primeira sesión, así como o resto de sesións presenciais do programa, terán lugar en Expourense, consolidando á cidade como punto de referencia para a formación avanzada en transformación dixital empresarial.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No inicio desta edición do programa estarán presentes o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, José Antonio Rodríguez Araujo; o presidente de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga; e o CEO de Grupo Isonor, Jorge González Cuenca, quen acompañará ao equipo docente do programa e aos directivos e profesionais participantes nesta primeira xornada formativa.
Con esta iniciativa, Grupo Isonor reforza a súa aposta pola formación estratéxica dos equipos directivos como panca crave para a dixitalización, a innovación e o crecemento sostible das PEMES.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------