Esta iniciativa levarase a cabo no marco dun proxecto financiado con fondos FEDER, cun orzamento de preto de 1,5 millóns de euros, co obxectivo de abordar o problema conxunto de despoboamento e falta de emprego en zonas rurais de España e Portugal
Madrid, 20 de febreiro de 2026.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á comisión executiva de Femembalses na sede da FEMP en Madrid, na que se deu conta, de entre outras iniciativas, do proxecto de turismo femembalses do que é socio a Deputación de Ourense e o Inorde e que está financiado con fondos FEDER.
O proxecto, que se enmarca no Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, pretende abordar o problema conxunto de despoboamento e a falta de emprego en zonas rurais transfronteirizas de España e Portugal, onde os encoros poden converterse en motores de desenvolvemento económico a través do turismo transfronteirizo sustentable.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esta iniciativa, que suporá un investimento de preto de 1,5 millóns de euros, pretende contribuír a transformar estes territorios próximos aos encoros en destinos turísticos transfronteirizos sustentables, que ofrezan unha alternativa económica viable para a xente local e complemente outras actividades tradicionais.
O beneficiario principal do proxecto é a Deputación de Zamora, pero tamén forman parte do proxecto ademais da Deputación de Ourense e o Inorde, a Deputación de Cáceres e Femembalses; e pola parte portuguesa están o municipio de Bragança e o de Castelo Branco, e as Comunidades Intermunicipais do Alto Tâmega e Barroso (CIMAT) e a do Cávado.

















