A Concellería de Medio Ambiente restaura a pasarela de ferro sobre o Arenteiro no Parque Municipal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellería de Medio Ambiente e Termalismo do Concello de O Carballiño, dirixida pola concelleira Elvira Torres, vén de rematar os traballos de reparación e posta a punto dunha das pasarelas peonís situadas sobre o río Arenteiro, no Parque Municipal, concretamente, a que comunica a zona de As Barcias coa beira dereita do río Arenteiro.

A actuación, orzamentada en 18.830,17 euros, permitiu recuperar plenamente a funcionalidade e seguridade desta infraestrutura, que presentaba un importante estado de deterioro tras anos sen recibir ningún tipo de mantemento efectivo, circunstancia que afectaba tanto á súa conservación como ao uso diario por parte da veciñanza e das persoas visitantes.

Os traballos realizados incluíron a limpeza integral da estrutura metálica, o tratamento das superficies e a aplicación dunha nova capa de protección e pintura específica para ambientes húmidos, garantindo unha maior durabilidade fronte ás condicións ambientais propias do entorno fluvial. Esta intervención mellora ademais a seguridade do tránsito peonil e reforza a integración estética da pasarela dentro da contorna natural do parque.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O Parque Municipal do Carballiño constitúe un espazo de referencia para o lecer, o deporte e o contacto coa natureza, sendo un dos lugares máis queridos pola cidadanía. A recuperación desta pasarela enmárcase dentro do compromiso municipal coa conservación e mellora progresiva das infraestruturas públicas situadas neste enclave singular.

Desde a Concellería de Medio Ambiente e Termalismo destácase que esta actuación responde a unha liña de traballo centrada no mantemento continuado dos espazos públicos, especialmente daqueles que, como o Parque Municipal, posúen un alto valor ambiental, patrimonial e social para o municipio.

Con esta intervención, o Concello continúa avanzando na posta en valor do entorno do río Arenteiro, apostando por un parque máis coidado, seguro e accesible para toda a cidadanía.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------