O bispo de Ourense abrirá o sábado na igrexa de San Antonio de Ribadavia o ‘Ano Xubilar de San Francisco’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A capital do Ribeiro conmemorará o ‘Ano de San Francisco de Asís’ ao abeiro do Ano Xubilar concedido polo Papa León XIV á Orden Franciscana, coincidindo coas datas de celebración do 8º centenario do falecemento do seu santo fundador, ocorrido o 3 de outubro de 1226 nesa cidade de Italia.

Deste xeito, o bispo da Diócese de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, abrirá solemnemente o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a programación litúrxica desta conmemoración en Ribadavia, co oficio dunha misa ás 19,00 horas na igrexa de San Antonio, antigo centro de residencia dos Pais Franciscanos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O motivo de que a antiga conventual de Ribadavia sexa sede deste acto é o decreto promulgado polo propio bispo de Ourense fixando que a igrexa de San Antonio se converta nun dos lugares da Diócese nos que os fieles poidan acadar as grazas xubilares papais desta anualidade adicada a San Francisco de Asís. O Ano Santo iniciouse o pasado 10 de xaneiro e prolongarase ata a mesma data do vindeiro ano de 2027.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------