O Auditorio do Carballiño reuníu a 400 escolares que participaron no programa “21 días co galego e +”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O secretario xeral da Lingua, Valentín García celebrou hoxe no Carballiño o fin de festa do programa 21 días co Galego e + con 400 nenos e nenas que representaron os 10 centros educativos de toda Galicia que participaron na oitava edición desta iniciativa impulsada pola Xunta. Así, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu “a implicación coa lingua das comunidades escolares que este ano se animaron a formar parte, de maneira voluntaria, desta proposta”. Neste senso, destacou a importancia deste tipo de accións “nas que se involucra tanto o alumnado como o profesorado e  todo o persoal dos centros, dándolle valor e prestixio ao galego a través de actividades que van máis alá das horas lectivas nas aulas”.

Ademais, Valentín García apuntou que “este encontro final supón unha oportunidade de confraternización e intercambio de opinións sobre as actuacións que fixeron en cada un dos colexios, cunha xuntanza lúdica e didáctica para compartir experiencias e seguir enriquecendo a nosa lingua”. A iniciativa, lembrou, “enmárcase na liña de accións coas que o Goberno autonómico pon o foco na cativada e na xuventude, para impulsar nestas idades o uso e a presenza da lingua”. Neste senso, lévanse a cabo outras propostas como Falamos + ou Nós tamén creamos!, que tamén teñen como escenario os centros de ensino e o obxectivo de incrementar o uso do galego entre as xeracións máis novas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Neste curso 2025/26 no programa reuniu un total de 3.700 persoas coa participación do colexio Isidro Parga Pardal, de Oleiros; do centro dos Tilos, en Teo, e aínda na provincia coruñesa, do Anxo da Garda, na cidade herculina. Tamén do colexio A Ponte e do Benigno Quiroga Ballesteros, de Lugo. A estes engadironselle en Pontevedra o centro Álvarez Limeses e os colexios Ría de Vigo e Amor de Dios, en Vigo. En Ourense participaron o colexio A Ponte e o Irmáns Villar.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------