O público que acudíu ás funcións do festival teatral ‘O Clowncurso 2026’, celebrado no Auditorio Manuel María do Carballiño ao longo da pasada semana, elexíu nas súas votacións o espectáculo galego “Circanelo”, protagonizado por Fredi Muiño, como gañador do certame convocado pola entidade organizadora, a Escola Galega de Clowns, entre as catro obras presentadas.
O artista gañador recolle o seu premio, dotado con 1.500 euros, na gala de clausura do festival, que tivo lugar o pasado sábado no propio Auditorio carballiñés, e na que os asistentes tamén tiveron a oportunidade de admirar os resultados artísticos do obradoiro impartido pola estadounidense Hilary Chaplain.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Asemade, e según comunicou a organización do ‘Clowncurso’, este festival dá un paso moi importante, xa que grazas á colaboración coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) , “Circanelo” incorporarase á programación do recoñecido evento que se celebrará en Ribadavia entre os días 17 e 25 do vindeiro mes de xullo na súa 42ª edición.
No ‘Clowncurso’ participaron Novadak, de Navarra, con “Soka”; o galego Fredi Muiño, que presentou o seu triunfador “Circanelo”; a navarra Laura Puertas con “SuperEla”, e os galegos de A Vela Circo con “O último que apague a luz”.















