Procesos xeolóxicos, desecación e concentración parcelaria: a experiencia de  comprender o complexo húmido da Limia na casa da Lagoa en Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado do Ciclo Superior de Forestal e Medio Natural do IES Cidade de Antioquia de Xinzo exploran a transformación da paisaxe na Lagoa de Antela no Centro de Interpretación en Sandiás

Vinte alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Foresta e Medio natural do IES Cidade de Antioquía en Xinzo de Limia acompañados da súa  profesora Alba visitaron  o mércores 15 de Abril o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. A intensa visita desenvolveuse dende as 12.30 h ata ás 14.00 h.

Dúas anécdotas protagonizaron o comezo da visita: O Marco das Antas de Couso de Limia no Xardín do IES Cidade de Antioquía e a lectura da Lenda da Cidade de Antioquía asolagada.

A visita guiada por Pepe Gándara, coordinador do Centro de Interpretación comezou con dúas anécdotas. A primeira fixo referencia a unha inscrición honorífica viaria de Couso de Limia recoñecida no seu momento polo etnógrafo Elixio Rivas no camiño que os veciños chamaban “Rodeiras das Antas” e a columna denominada “Marcos das Antas” e que no 1988 co permiso dos propietarios da finca un profesor do instituto previa aprobación do Consello Escolar en 1989 trasladouse aos xardíns do IES Cidade de Antioquía. A outra anécdota ten que ver co nome do IES e a lenda da Cidade de Antioquía asolagada. Fíxote lectura da lenda nunha das versións máis enxebres de Elixio Rivas pois a ocasión o merecía.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Visionado do audiovisual sobre a Lagoa de Antela

 Comezou o visionando como contexto un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa de Antela. Introducíronse na Lagoa por medio de reproduccións de cartografía e imaxes históricas e informáronse dos proxectos de desaugamento da mesma. Fíxose referencia a lagoa en xeral e as súas dimensións.Tratáronse os proxectos de desecación a través de imáxenes históricas dinámicas e a xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Despois de breves referencias ás economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, patos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia.

A transformación da paixaxe da conca da Limia: procesos xeolóxicos implicados, desecación da Lagoa no Franquismo e proceso de concentración parcelaria co Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (Iryda) e a Xunta de Galicia.

Analizáronse os topónimos da Lagoa e a diferenza entre complexo húmido Limia/Antela e Lagoa de Antela así como entre o que é lagoa natural e humidal artificial. As figuras de protección na zona. A representación gráfica da Lagoa polos autores da xeración Nós (Otero Pedrayo) e o xeógrafo da USC Pérez Alberti.  A continuación pasouse revista aos tres procesos clave que teñen que ver coa conca da Limia e a transformación radical da paisaxe e dos usos do territorio: o proceso natural xeolóxico de formación da conca da Limia (un primeiro momento de desecación da lagoa foi un fenómeno de natureza xeolóxica), o proceso de desecación da Lagoa de Antela co Estado Franquista na época do desarrollismo económico e o proceso de concentración parcelaria que modificación o paisaxe tradicional da zona.

Tamén se analizaron as características dos solos que por ser moi areosos facilitan a aceleración hidráulica e, polo tanto, a contaminación e moito más rápida que noutras concas do Sur de Galicia.

Algúns exemplos de especies de fauna e flora endémicas e exemplos de restauración medio-ambiental: a Veiga de Gomareite e o Humidal Antonio Vilariño

Posteriormente exemplificáronse varios proxectos de restauración: Humidal Antonio Vilariño (Veiga de Vilaseca), Veiga de Gomareite, Poza dos Arieiros e das Conícoras nas Areeiras, exemplos de biodiversidade na Lagoa de Antela e especies de aves e flora endémicas, proxecto in-visible pollut desenvolvido por Amigas das Cegoñas, Ecoembes, Ecoloxistas en Acción, Libera, SEO BirdLife e o Departamento de Quimica Analítica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela que detecta sinais de contaminación visibles e non visibles sobre o terreo e  pesticidas e mercurio nas plumas das cegoñas, o proxecto Rexenera Life Rexenera Limia de rehabilitación de dúas areeiras finalizado no 2019 e o proxecto de Senda das Cegoñas nas Areeiras posto en marcha por Amigas das Cegoñas, entre outros.

Pola intensidade da xornada e tamén pola premura do tempo non foi posible visitar o resto da Casa da Lagoa nin tratar outros temas como o pobo dos Limicos, aspectos etnográficos e xeografía mítica (lendas).  Así mesmo non puidemos visitar “in situ” as Areeiras da Limia no territorio que abrangue o Concello de Sandiás quedando para outra ocasión as explotacións areeiras e as máquinas industriais, o proceso de renaturalización das areeiras, a súa biodiversidade, especialmente a ornitoloxica, os focos contaminantes e o patrimonio etnográfico que aunque descontextualizado resulta interesante (o observatorio 1 do Palafito e o 2 da casa dos terróns como exemplo de arquitectura sustentabel en terra).

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e moitas grazas pola vosa visita e interese mostrado polos participantes que interviron en moitas ocasións facendo apreciacións, aportando información, etc. Esparamos que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións como no resto do ano ou no verán polas tardes de martes a domingo a partir do mes de Xullo pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------