Detida unha carballiñesa por roubar xoias por valor de 30.000 euros nas vivendas dos maiores aos que asistía

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Garda Civil de Ribadavia, no marco da operación ‘RELIQUIA’, detivo a unha veciña do Carballiño por un delito continuado de furto co agravante de abuso de confianza e vulnerabilidade das vítimas, xa que sustraía xoias nas vivenda das persoas maiores ás que asistía como traballadora social.

Esta operación púxose en marcha no pasado mes de xaneiro deste mesmo ano, tr-la denuncia dunha veciña de Ribadavia polo furto de xoias sen forza no seu domicilio. A Garda Civil, despois de efectuar varias xestións, puido constatar que unha das traballadoras de axuda a domicilio que prestaba os seus servizo na vivenda da denunciante, xa tiña vendido en anos anteriores (2024 e 2025) un número importante de xoias en locais de compra e venda deste tipo de artículos ubicados tanto no Carballiño coma na cidade de Ourense.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Logo de levar a cabo o recoñecemento das xoias, e observando a posibilidade de que houbese máis afectados, os axentes elaboraron un listado das persoas ás que a detida prestaba axuda domiciliaria, obtendo como resultado un total de 14 vítimas e 38 xoias recoñecidas polos seus propietarios. Sen embargo, a Garda Civil non puido constatar a propiedade de tódalas xoias sustraídas ao tratarse de persoas de idade avanzada e algunhas xa falecidas no intre do procedemento.

O importe global dos obxectos vendidos pola carballiñesa supera os 30.000 euros. A detida pasou esta mañá á disposición xudicial, no Xulgado de Instrucción de Ribadavia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------