Controlado un incendio forestal no concello de Melón, parroquia de Quins

Segundo as últimas estimacións, rolda as 40 hectáreas de superficie afectada provisional

A Consellería do Medio Rural informa de que está controlado un incendio forestal no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins.

AVANTAR ACTIVIDADES

O lume iniciouse ás 22,03 h. de onte e quedou controlado ás 2,50 h. da madrugada. Segundo as últimas estimacións, rolda as 40 hectáreas afectadas. Na súa extinción participaron ata o de agora 6 axentes, 9 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.