Durante a súa estancia neste negocio, o delegado territorial lembrou que ata o 15 de decembro está aberto o prazo de adhesión, e significou que os establecementos poderán sumarse unha única vez para as diferentes edicións deste ano, un sistema que se estableceu como novidade o ano pasado continuando coa liña de simplificación administrativa que impulsa o Goberno galego.
Manuel Pardo sinalou que, atendendo ao éxito das anteriores convocatorias, a Xunta impulsará de novo neste 2026 os bonos Activa Comercio, de xeito coordinado co sector e cun crédito inicial de 5 M€, co fin de seguir incentivando a demanda comercial e axudando economicamente ás persoas consumidoras, ao tempo que se fomentan as compras nos establecementos comerciais retallistas participantes.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Nesta liña, explicou que a apertura do prazo de adhesión é un paso previo á activación dos bonos para a cidadanía, cuxos prazos se concretarán nas correspondentes convocatorias. Como en edicións anteriores, os bonos estarán dispoñibles en formato dixital a través da plataforma habilitada. www.bonosactivacomercio.gal.
Subliñou o representante do Goberno galego que no 2025, o Executivo autonómico destinou a esta iniciativa 5 M€ en descontos que propiciaron case 400.000 compras nos máis de 7.400 establecementos comercios adheridos de toda Galicia e mobilizaron arredor de 22,3 M€. Deste xeito, supéranse os 122 M€ en vendas xeradas desde 2021 grazas a esta acción que se consolidará este ano.















