Na madrugada do martes 5 de maio, unha muller de orixe mexicana resultou gravemente ferida tras precipitarse desde un terceiro piso na rúa Curros Enríquez do Carballiño, Ourense.
Os feitos comezaron cunha forte pelexa verbal nunha vivenda. A alerta deuna unha testemuña, o que mobilizou de inmediato aos servizos de emerxencia.
Foi trasladada de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Presentaba múltiples fracturas, pero estaba consciente ao chegar os sanitarios, quen logrou estabilizala. O seu estado é grave, aínda que non se teme pola súa vida.
A propia vítima sinalou ao seu compañeiro como o agresor. A Garda Civil detivo inmediatamente o sospeitoso, un home de 26 anos e orixe peruana, no domicilio que ambos compartían.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O detido atópase nos calabozos do cuartel do Carballiño. Espérase que nas próximas horas pase ao dispor do xulgado único de violencia de xénero de Ourense, acusado inicialmente dun delito de malos tratos no ámbito familiar.
















