Cine Club proxecta este venres a multipremiada película “O agente secreto” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño proxecta este venres, día 8 de maio, no Auditorio Manuel María da vila do Arenteiro, o filme brasileiro “O agente secreto”, de Kleber Mendonça Filho, que foi finalista dos premios Oscar con catro nominacións; mellor dirección no Festival de Cannes, onde tamén acadou o galardón de mellor actor e o Premio FIPRESCI, e gañadora de dous Globos de Ouro, en definitiva, unha gran película recoñecida tanto pola crítica como polo público.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Trátase dun thriller político que mantén o ritmo de maneira maxistral a pesares da súa duración. Conta que, en 1977, durante a ditadura militar brasileira, Marcelo, un profesor que foxe dun pasado turbulento, regresa á cidade de Recife, onde espera construír unha nova vida e reatoparse con seu fillo. Pero pronto decátase de que a cidade está lonxe de ser o refuxio que busca, que as forza gobernamentais perségueno e as ameazas de morte acósano. A película conta ademais cunhas excelentes interpretacións, destacando a de Wagner Moura, que encarna ao protagonista.

Os pases no Auditorio do Carballiño serán ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------